Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa xestión

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa xestión

Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o contrato coa anterior concesionaria. Será o 15 de maio ás 10.00 horas e prégase enviar un correo a contratacion@concellodemarin.es

Marín, 08 maio 2024

A licitación pública para o novo contrato de xestión da piscina municipal segue o seu curso. Xa está aberto o prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas, que terán ata o 22 de maio para concurrir ao proceso de contratación, a través da Plataforma de Contratos do Sector Público do Estado, á que se pode acceder a través da sede electrónica do Concello de Marín, clickando no perfil do contratante e seleccionando como órgano a Alcaldía.

Dentro deste proceso, enmárcase a convocatoria dunha visita ás instalacións, que se levará a cabo o 15 de maio, ás 10.00 horas, onde unha persoa técnica municipal acompañará ás persoas interesadas durante a visita. Para asistir, prégase enviar un correo a contratacion@concellodemarin.es.

Máis de 2 millóns de euros por xestionar o servizo 5 anos

O novo contrato será para explotar a infraestrutura deportiva durante 5 anos, sen prórroga posible e por un custo total de 2.060.521,10 euros, correspondéndose máis do 85% da contía co gasto de persoal, ao que se subrrogará.

O obxecto do contrato é claro: a xestión integral do centro deportivo, incluíndo labores de limpeza, conservación, mantemento, atención e información ao público, control de acceso das persoas usuarias, salvamento acuático e socorrismo, cursos e programas deportivos, vixilancia e control e promoción do servizo para captar novos usuarios.

En canto ás actividades ofertadas, será obrigatorio impartir cursos de natación e outras disciplinas deportivas e de ocio. De forma mínima, obrigarase á futura concesionaria a ofrecer ás persoas usuarias: GAP, ximnasia de mantemento, pilates, full body, abdominais, step, ciclo, HIT, circuíto, tonificación, funcional KIDS, zumba, zumba kids, hipopresivos, ioga, ioga infantil, streching, aquagym e aquatonic. Todas con frecuencias semanais, máis ou menos elevadas.

Anterior Maio establécese como o mes da rítmica no Pavillón da Raña e recibirá máis de 1.800 ximnastas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados