Convenio Concello – Federación – C.B. Peixe.

Convenio Concello – Federación – C.B. Peixe.

Na mañá de este xoves día 28 de abril tivo lugar a firma dun convenio de realización de actividades entre o Concello de Marín, a Federación Galega de Baloncesto e o Clube Baloncesto Peixefresco Marín.

O acto estivo presidido pola nosa alcaldesa Dna. María Ramallo, o Presidente da Federación Galega (D. Francisco Micó) e polo Presidente do clube Peixefresco (D. Javier Lage), ademais do directivo do mesmo Luis Santiago.

O Presidente da Federación agradeceu novamente a Marín, ao noso Concello e en particular ao Clube pola súa grande laboura no mundo do baloncesto que quedou plasmado co recente éxito do ascenso do clube a LEB Ouro. Lembrou o éxito organizativo da nosa localidade nos tres Campionatos de España celebrados nos anos 2012, 2013 e 2014 e animou ao clube e a nosa alcaldesa a seguir medrando co deporte da canasta.

O Convenio inclúe a celebración de diferentes actividades nas que as tres institucións colaborarán de xeito común, co fin de converter a Marín no epicentro do baloncesto galego nesta tempada e nas seguintes, tendo como base do mesmo a preparación das diferentes seleccións galegas de cara a súa actividade anual.peixe5

Anterior Festa dos Maios 2016.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados