Persoas participantes
Poderán concorrer a este certame todas as persoas de calquera nacionalidade, que sexan maiores de idade (18 anos), podendo presentar unicamente un traballo por persoa.
Requisitos e obrigas da obra
Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos. Os criterios de valoración que se terán en conta serán a orixinalidade no tratamento da temática e na súa exposición literaria, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, así como o rigor e a calidade da obra. Terán unha extensión mínima de 100 versos e poderán formar parte dun só poema ou de varios e deberán cumprir as seguintes especificacións: folla formato DIN A4, texto a dobre espazo, letra Times New Roman corpo 12 e paxinado. En ningún caso o nome da persoa autora poderá aparecer no texto da obra. A orixinalidade da obra e a súa autoría xustificarase mediante unha declaración responsable, manifestando ser a persoa propietaria de todos os dereitos, tal e como se recolle na disposición quinta destas bases.
En consecuencia, o Concello de Marín non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que puideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que puideran corresponder polos prexuízos ocasionados.
Premio
O premio será único e indivisible e estará dotado coa contía de 1.000 euros, figurando incluídos nesta cantidade todos os impostos que lle sexan de aplicación e imputándose con cargo á partida correspondente do orzamento municipal deste exercicio. A concesión do premio non implicará a perda dos dereitos de autoría do traballo premiado. Non obstante, o Concello de Marín resérvase o dereito de publicar total ou parcialmente o traballo premiado.
Prazo de presentación
O prazo de presentación dos traballos rematará o 3 de maio do 2024 ás 14.00 horas.