A VI Feira do Libro Usado xa ten cartel
O xurado para decidir o cartel anunciador da VI Feira do Libro Usado, reuniuse hoxe no IES Mestre Landín e otorgou. na categoría infantil o premio ao grupo de 5º da EEI O Grupo. Na categoría de primaria resultou premiada a clase 4º B do CEIP A Laxe. Entre estes dous premios, o xurado que integraba representantes do profesorado, das Anpas e do Concello de Marín decidiu que o traballo do alumnado de infantil será a imaxe do cartel anunciador da Feira que este ano que cumpre xa a 6ª edición. Presentáronse preto de 150 carteis dos colexios; EEI O Grupo, EEI Nosa Señora do Carme, CEIP Seixo, CEIP A Laxe e CPR A Inmaculada. A selección foi complicada dada a calidade dos traballos presentados. O IES Mestre Landín, organizador do concurso, agradece a todo o alumnado participante e aos centros a súa colaboración.