Concerto de Corais.

Concerto de Corais.

Tivo lugar a presentación do concerto do Nadal  de corais que terá lugar o sábado dia 12 de decembro ás 20:00 horas no templo Antigo de Marín.

 

No concerto intervirán tres corais, e interpretarán cinco cancións cada unha .

En primeiro lugar, cantará ACELA DE BAREDO  de Baiona baixo a dirección de D. Jesús Manuel Pena, seguidamente a Agrupación Musical de Vincios de Gondomar baixo a dirección de D. Juan Luís Costas , e despois a coral SOCIOCOMUNITARIA, composta por marinenses e dirixida por Dna. Monserrat Arousa.

O concerto terá un repertorio na súa maioría do Nadal , e algúns das panxoliñas iran acompañados con sorpresas de ambientación de propias destas datas.

Así mesmo os membros da Coral Sociocomunitaria , aseveran que non esquecesen introducir algunha novidade como será unha canción”zulu”  titulada “Siyahamba”, que prometen non defraudase a quen se achegue o sábado ao concerto.

 

Como broche final do concerto as tres corais participantes no concerto interpretasen de forma conxunta ?Chega o día?, canción que sempre goza de gran éxito entre o publico.

 

Así mesmo tamén manifestaron que o próximo día 24 día de Noiteboa ás once da mañá , interpretasen panxoliñas na praza de abastos de Marín, non adiantaron o repertorio pois será unha sorpresa, outra cita desde logo ineludible e moi entrañable nestas datas.

 

Anterior Melloras no patio infantil do CEIP Seixo.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados