Esta nova convocatoria, que ten de prazo ata o 28 de febreiro, está centrada na recuperación ambiental, social e económica de barriadas e na súa conexión verde e sostible cos principais puntos de interese do centro urbano.
Marín, 18 xaneiro 2025
A transformación urbana, social e medioambiental das vilas e cidades experimentada na última década está a crear un novo modelo, que marca un antes e un despois entre a configuración que tiñamos dos territorios e o tipo de lugares nos que queremos vivir como sociedade, dando resposta aos retos que afrontamos e poñendo no centro das decisións de inversión pública a calidade de vida das persoas.
Nese contexto, a Unión Europea está a servir como un importante fío de financiamiento, esencial sobre todo para as entidades locais, que afrontamos unhas limitacións orzamentarias moi grandes, que impiden que as nosas inversións de calado para levar adiante proxectos transformadores sexan realizadas con crédito propio.
En Marín, levamos cerca dunha década traballando e apostando por unha xestión que apoie gran parte das inversións máis relevantes a nivel local nas distintas convocatorias de fondos europeos das que nos podemos beneficiar como entidade local, tendo en conta o noso tamaño e as nosas capacidades de cofinanciación, como foi o caso de Marín Dusi.
Por iso, o Concello volverá concurrir a unha nova senda financeira FEDER, coa elaboración dun Plan de Actuación Integrado, que serverá para desenvolver proxectos transformadores na vila no durante os próximos anos.
A convocatoria destes fondos, publicada polo Goberno de España a finais de decembro, leva sendo traballada polo Goberno local durante estes últimos meses do ano, axustándose ao máximo de financiamento que podemos pedir polo noso tamaño poboacional: 15 millóns de euros, dos cales débese asumir unha cofinanciación do 40%.
Os fondos serverán para desenvolver proxectos transformadores e integrais de zonas que estean máis degradadas e que requiran dunha conexión co resto do núcleo urbano, como é o caso das barriadas, mellorándoas a nivel medioambiental, social e económico.
Así, plantéxase unha estratexia centrada, por unha banda, nas barriadas, especialmente en San Pedro e na Cañota, para mellorar a súa urbanización, apostar pola súa conectividade coas zonas colindantes e tratar de resolver as necesidades que ten a veciñanza.
Tamén se prevé actuar na contorna da Barriada de Virxe do Carme, sobre todo no que ten que ver coa mellora da conexión coa zona do Centro de Saúde e co pavillón e o colexio. Ademais, buscarase mellorar ese “corredor verde” desde a zona da Praza de Abastos ata a barriada, para finalmente entroncar co paseo fluvial do río Lameira e toda a súa contorna.
Estas liñas de actuación que o Goberno local propón para integrar no Plan de Actuación Integrado foron expostas á oposición nunha reunión dirixida polo persoal da asesoría técnica que está a apoiar ao Concello na presentación da convocatoria.
O obxectivo é que todos os grupos poidan facer aportacións á proposta e así finalmente aprobar en Pleno o Plan de Actuación Integrado.