O Concello destina 356.500 euros á pavimentación de oito camiños no rural
O Concello 356.500 euros na pavimentación de oito camiños no rural

O Concello destina 356.500 euros á pavimentación de oito camiños no rural

Así o avanzou esta mañá o concelleiro Pablo Novas, que informou do inicio do expediente de contratación. A inversión faise con cargo ao Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Marín, 17 febreiro 2025

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá do inicio do expediente de contratación dun ambicioso proxecto de mellora do firme e pavimentación de camiños en distintas parroquias do rural marinense no que se investirán 356.487 euros a través da liña 1 do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

A Xunta de Goberno local deu conta da concesión desta subvención por parte do ente provincial, que permitirá acometer estes labores de mellora e rehabilitación das calzadas de vías que son importantes en materia de mobilidade das parroquias. Concretamente, actuarase en máis de 2.280 metros cadrados de superficie, repartida nos seguintes camiños:

1.- Camiño en Pardavila (O Chamo)
2.- Camiño en Viñas Blancas (O Carballal) 3.- Camiño en Mogor-Praia de Portocelo 4.- Camiño en Cruceiro da Brea – San Blas 5.- Camiño en Currás
6.- Camiño do cemiterio ao campo de fútbol en Santomé de Piñeiro 7.- Camiño en Moledo
8.- Camiño en O Pazo

“As calzadas que seleccionamos para este proxecto presentaban importantes deficiencias superficiais, cun deterioro que non permite actuar simplemente cun bacheo”, explica o edil, que asegura que proximamente xa se colgará no Perfil do Contratante a licitación para que poidan presentarse as empresas interesadas.

Esta actuación, ademais, permitirá unha importante mellora da seguridade na circulación, posto que a extensión dunha nova capa de rodaduira permitirá non só unha maior durabilidade e uniformidade da vía, senón tamén unha mellor adherencia do neumático ao pavimento, reducindo o risco de sinistralidade.

A maiores, o concelleiro asegura que a través de fondos propios e outras liñas de financiación “seguimos tratando de chegar a todos os puntos do rural que precisan dunha actuación neste sentido”.

Anterior O Concello publica as bases para o Premio Liberación

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados