Comezan as obras para o novo acceso ao cemiterio municipal da Raña

Comezan as obras para o novo acceso ao cemiterio municipal da Raña

O Concello de Marín está levando a cabo unha serie de actuacións de acondicionamento de rúas e espazos públicos do municipio, tanto no núcleo urbano como no rural, co fin de mellorar as condicións de uso e características dos mesmos, e permitir unha maior accesibilidade da veciñanza a estes espazos.

Dentro destas medidas comezaron recentemente as obras para a creación dun novo acceso peonil ao cemiterio municipal da Raña. Esta nova entrada estará situada no extremo norte do muro de peche leste do cemiterio municipal e consistiría nunha porta e escaleiras cara ao interior do cemiterio.

O prazo de execución da obra é aproximadamente de 2 meses, estando listo para este outono e terá un presuposto total de 40.801,07 €.

Actualmente a veciñanza que se dirixe a pé ao cemiterio ten que percorrer unha distancia de preto de 170 m cunha pendente do 13% nun camiño sen beirarrúas nunha estrada de dobre sentido, polo que se poden dar situacións de perigo.

Por este motivo o Concello, para proporcionar maior seguridade á veciñanza, estudou as solicitudes terminando por crear un novo acceso  no muro existente, na cota máis baixa posible do camiño.

Ademais, dado que o estado exterior do muro deste lateral do cemiterio é deficiente e necesita mantemento, aproveitarase a actuación para arranxalo.

Anterior Marín contará este ano cun ciclo de cine de verán

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados