Comezan as obras de renovación da EBAR da Goleta para frear os alivios á praia de Aguete

Comezan as obras de renovación da EBAR da Goleta para frear os alivios á praia de Aguete

O Concello de Marín iniciou  a mellora da Estación de Bombeo de Augas Residuais de A Goleta,
ubicada na parroquia de Seixo, preto da praia de Aguete. No mes de abril de 2018, detectáronse
problemas no funcionamento desta EBAR, cando as intensas chuvias evidenciaron un aumento excesivo
do caudal que pasa polas bombas da estación. Isto producía alivios que, a través dun colector de
formigón, chegaban ata o areal marinense.
O impacto medioambiental destes alivios era importante, debido a que se trata dunha rede unitaria na que
se xuntan as augas pluviais e fecais. Por iso, o Concello executa agora este proxecto, co que se aportarán
varias solucións técnicas a este problema.
Segundo explicou o Concello, vaise colocar un novo colector para corrixir a saída do actual e mellorar a
súa funcionalidade. Tamén se dotará á estación de dous depósitos de retención de sólidos, que se
colocarán na entrada dos colectores e que terán como función filtrar as augas antes de que pasen pola
rede. Paralelamente, ampliarase a caseta do cadro de protección e mando.
Con respecto ás bombas, serán substituídas por unhas novas, “de maneira que se consiga un incremento
do 70% do caudal de impulsión”. Ademais, seguindo os criterios de eficiencia enerxética, a nova
instalación constará cun novo cadro eléctrico, que alongará a vida dos elementos das bombas e que
reducirá o consumo de enerxía.
O proxecto ten un prazo de execución de tres meses e nel investíronse 161.873,24 euros.

Anterior Un orixinal da primeira biblia impresa en castelán ou do “Teatro Crítico Universal” , a exposición no Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados