Colocados puntos de igualdade con recursos de concienciación para a cidadanía en todos os espazos municipais

Colocados puntos de igualdade con recursos de concienciación para a cidadanía en todos os espazos municipais

A loita pola igualdade e a concienciación da cidadanía en torno ao machismo é un dos eixos de traballo nos que se centra o Concello a través do labor do CIM (Centro de Información á Muller), que vén de lanzar a campaña coa que chegar con esta mensaxe a toda a poboación marinense, máis alá dos espazos máis céntricos.

Trátase dunha iniciativa pola cal se colocan puntos de igualdade e non discriminación municipais, onde se pode atopar material de sensibilización, concienciación e prevención en materia de igualdade, loita contra a violencia de xénero, discriminación sexual, participación social, orientación socio-laboral e coñecemento dos recursos municipais.

Estes puntos foron colocándose en todas as parroquias e puntos de distintos espazos de Marín: no Pavillón da Raña, a Casa de Cultura de Mogor, a Casa de Cultura de Seixo, en Cantodarea, na Cámara Agraria, na Oficina do ARI, no Museo Municipal Manuel Torres e no propio CIM.

Esta campaña está financiada polos Fondos do Pacto de Estado 2022 en materia de violencia de xénero, recollidos en Resolución do 26 de xullo de 2022, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, de transferencias para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o exercicio 2022.

Anterior San Xoán e a Festividade do Carme, festivos locais para 2024

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados