Colocado o novo equipamento do ximnasio da Piscina Municipal
Colocado o novo equipamento do ximnasio da Piscina Municipal

Colocado o novo equipamento do ximnasio da Piscina Municipal

A dotación deste material inclúe maquinaria que mellorará a experiencia das persoas usuarias. Foi adquirido grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra por valor de case
25.000 euros. Estanse estudando tamén as necesidades máis urxentes para buscar financiación.

Marín, 11 outubro 2024

O ximnasio ubicado nas instalacións da Piscina Municipal de Marín xa conta coa nova maquinaria adquirida polo Concello e que permitirá unha renovación dos elementos da sala fitness, dando solución a unha das maiores demandas que se rexistraban por parte das persoas usuarias.

Esta dotación de material supuxo unha inversión de 25.000 euros, que se sufragados con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra. Instaláronse dúas bicicletas elípticas, unha stair claimber, dúas máquinas de remo, dúas estanterías para mancuernas, dous soportes para pesas, varias unidades de pesas de distintos quilogramos, seis pratos olímpicos, dúas barras olímpicas normais e outra hexagonal, varios xogos de mancuernas e cordas para TRX.

Por outra banda, desde o Concello informan que os técnicos municipais están levando a cabo un estudo pormenorizado das necesidades máis urxentes coas que conta a instalación da piscina, para tratar de buscar financiación para reparalas e seguir mellorando o equipamento.

Ademais, a raíz do paso do temporal Kirk levantáronse dúas planchas da fachada, para as que se está buscando orzamento co obxectivo de repoñelas á maior brevidade posible.

Anterior O Concello adxudica a Tecmodeco o alumeado de Nadal, que se acenderá o 5 de decembro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados