Os concelleiros Manuel Santos e Pablo Novas realizaron unha visita ao novo muro de Cividanes, unha obra de enorme complexidade técnica pero moi necesaria, dado o estado anterior da infraestrutura, que supoña un perigo debido á oxidación e inchazón que se apreciaban nas armaduras.
A obra foi realizada pola empresa Citanias por un importe de 176.045,90 euros e consistiu na creación dun novo muro de sustentación do tramo feito en bloques regulares de pedra granítica, en filas paralelas. Con esta solución, eliminouse o risco futuro de desprendementos e garantiuse unha boa capacidade de drenaxe.
Ademais, colocouse unha escaleira en tres tramos que conecta a Rúa da Costa co Camiño de Cividanes e renovouse toda a rede de saneamento para colocar separativa.
Ambos edís constataron a boa execución dos traballos e o resultado óptimo que quedou na zona, gañando unha mellor imaxe e seguridade, ofrecendo por tanto un espazo urbano renovado á veciñanza que reside nesta mazá do casco urbano, preto de lugares estratéxicos, como a Finca de Briz ou o San Narciso.