Cerca dun millar de gamers visitaron a Raña na terceira edición do Marín Gaming Fest

Cerca dun millar de gamers visitaron a Raña na terceira edición do Marín Gaming Fest

A cultura do gaming, do audiovisual, do relato e da diversión dixital tiveron a súa cita ineludible no pavillón da Raña, coa celebración da terceira edición do Marín Gaming Fest, organizado entre o Concello de Marín e a agrupación Gaming Troop.

Durante os dous días que durou o evento pasáronse por alí cerca dun millar de persoas apaixoadas do mundo do gaming e do cosplay, así como artistas que viñeron desde distintos puntos da provincia para expoñer as súas creacións.

Segundo indicou o concelleiro Hugo González, “houbo un moi bo número de competidores nos torneos e notamos unha gran aceptación de toda a programación, tanto da movidade como do público familiar”.

Asemade, os xogos de mesa, que xa se veñen promocionando en Marín nos útimos tempos coa celebración de varias edicións das Ludoxornadas “tiveron un gran seguemento”.

Anterior XXII Xornadas Blanco Freijeiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados