Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.
Marín, 28 maio 2024
A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín, unha nova edición do Ruxe Marín, que se celebrará esta fin de semana na Finca de Briz e que traerá a artistas internacionais relacionados coa cultura brasileira, concretamente coa percusión.
Desde Oporto, Río de Janeiro, Salvador de Bahía, Badajoz ou Madrid, estes profesionais da música farán parada na vila marinense un ano máis coa intención de crear un ambiente único no contexto europeo, no que poder achegarse á cultura afro-brasileira.
Tal e como explican os seus organizadores, o Ruxe Marín non só pon en contacto a estas costumes e culturas tan lexanas a través da música, senón que tamén “permitirá que desfrutemos da esencia brasileira a través da gastronomía, poñendo a disposición do público postos con comida tradicional do país, como feijoada, acarajé, coxinha de galinha e bebidas típicas, como a caipirinha”.
O festival arrancará o venres cun obradoiros de percusión impartidos polo madrileño Antonio Monedero e por Vanderlei Jr, chegado directamente desde a cuna da percusión: Salvador de Bahía. A xornada do sábado será o plato forte, con obradoiros e sesión vermut en La Bailona Gastrobar (Paseo Alcalde Blanco), actuacións de diferentes batucadas, postos de artesanía, concertos, animación a cargo de Tai Andrey e sesión DJ con Jorge Álvarez.
Ademais, para os máis futboleros, o festival contará cunha pantalla xigante onde se proxectará a final da Champions League entre o Borussia Dortmund e o Real Madrid ás 21:00.
O peche do festival será o domingo, cando ás 11.00 horas os participantes, batucadas, músicos e artistas en xeral enchan Marín cun pasarrúas multitudinario, que rematará na Alameda.