Campeonato Galego Escolar Judo.

Campeonato Galego Escolar Judo.

Hoxe mércores día 20 de abril foi presentado o CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE JUDO que terá lugar o próximo sábado 23 de abril no Pavillón de A Raña.

Por segundo ano consecutivo, a Federación Galega de Judo, presidida por Don Mario Muzas e a Delegación de Deportes da Xunta de Pontevedra, dirixida por Don Daniel Benavides, elixiron Marín como sede para a celebración dun evento que reúne un total de 250 participantes nas categorías cadete e infantil (masculino e feminino). Os catro primeiros clasificados por cada peso e categoría terán o premio da clasificación para o Campionato de España Escolar que terá lugar en Madrid.

Ao acto de presentación acudiron o Concelleiro de Deportes de Marín (Antonio Traba), o Presidente da Federación Galega de Judo (Mario Muzas), o Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia (Daniel Benavides) e o mestre das Escolas Deportivas de Judo de Marín (Club Dom+ Francisco Covelo).

O evento terá lugar durante todo o sábado empezando a categoría infantil de 11 a 14 horas e rematando os cadetes de 16:30 a 19:30 horas.

PROGRAMA

Anterior Día Internacional do Libro.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados