Informacion básica da campaña
Novidades:
– Utilización de 3 tipos de vacinas
– Vacinación en puérperas nos 6 primeiros meses tras o parto
DATAS DE INICIO E FIN DA CAMPAÑA
• Data inicio: 13 de outubro
• Data finalización: 31 de decembro.
NOVIDADES MÁIS SALIENTABLES
• Utilización de 3 tipos de vacinas con catro nomes comerciais:
– Adxuvada trivalente: Chiromas 65 ou máis anos
– Alta carga tetravalente: Fluzone HD 65 ou máis anos en residencias.
– Tetravalentes: Vaxigrip Tetra 6 ou máis meses e menores de 65 anos.
Influvac Tetra 3 ou máis anos e menores de 65.
• Vacinación en puérperas nos 6 primeiros meses tras o parto.
ADMINISTRACIÓN DA VACINA FRONTE Á GRIPE
Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e co fin de preservar a saúde colectiva e a das persoas cun maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnóstico nin prescrición previa.
É importante este ano máis que nunca, concertar cita para vacinación nos centros de saúde e non acudir directamente sen estar citado.
POBOACIÓN DIANA
• Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos.
• Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).
• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación e puérperas nos primeiros 6 meses tras o parto se non foron vacinadas anteriormente.
• Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.
• Nenos de entre 6 meses e dous anos de idade que naceran prematuros (<32 semanas de xestación).
• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con patoloxías de risco (definidas na instrución).
• Profesionais ou estudantes en práticas de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.
• Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos.
• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores.
• Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.
• Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade.
• Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.
PAUTA DE VACINACIÓN
Unha dose (agás os menores de 9 anos, que necesitan dúas no caso de ser a súa primeira vacinación contra a gripe)
DISTRIBUCIÓN DE VACINAS:
Carga inicial
• Os centros pertencentes ao Sergas e hospitais privados recibirán carga inicial de doses sen ter que solicitala.
• Os restantes centros (centros médicos privados, residencias…) deberán solicitar a carga inicial de doses das diferentes vacinas á xefatura territorial da Consellería de Sanidade correspondente.
Días de distribución
• 13 – 23 de outubro: martes/mércores/venres.
• 26 outubro – 31 de decembro: martes/xoves.