Campamentos de conciliación 2017

Campamentos de conciliación 2017

A Concellería de Benestar Social do Concello de Marín informa da próxima convocatoria dos Campamentos de Conciliación municipais urbanos e rurais. Como en anos anteriores o obxectivo é dar cobertura as necesidades das familias con dificultades de conciliación persoal, familiar ou laboral con sevizos e actividades lúdico-educativas de calidade.
Os campamentos urbanos terán lugar no CEP Sequelo para un total de 250 participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (2005-2014) e distribuiranse nas seguintes quendas:

Do 3 ao 14 de xullo………75 prazas
Do 17 ao 31 de xullo…….75 prazas
Do 1 ao 14 de agosto……50 prazas
Do 16 ao 31 de agosto….50 prazas

Coa intención de facilitar o acceso a este recurso municipal ás familias que habitan nas zonas rurais do municipio, terán lugar dúas quendas de campamentos rurais, para un total de 50 nenos e nenas:

Do 17 ao 31 de xullo ……25 prazas
Do 1 ao 14 de agosto……25 prazas

As persoas participantes terán que cumprir as seguintes normas:
A cobertura das prazas será por rigorosa orde de inscrición.
Só para nenos e nenas empadroadas en Marín, agás cando unha quenda non estea completa, que se terán en conta outras preferencias.
Só se poderá participar nunha quenda, agás que queden prazas sen cubrir.
O prezo público dos campamentos será de 30€ por participante.

O prazo de inscrición será do 3 de maio ata o 26 de maio, ámbolos dous inclusive.
As listas de admisión publicaranse no Concello o día 31 de maio.

O pago efectuarase nas oficinas da Tesouraría do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas: do 5 ao 9 de xuño para os campamentos de xullo e do 12 ao 16 de xuño para os campamentos de agosto.
INSTANCIAS

Anterior Bases Funcionario Interino Oficial Electricista.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados