RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTO DE PERNOCTA ILLA DE ONS
RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTO DE PERNOCTA RIBADEO
O Concello de Marín, en colaboración co área de Xuventude da Xunta Galicia e en réxime concertado, organiza o seu tradicional campamento de verán de pernocta para nenos e nenas nados en Marín, entre os anos 2011 e 2005.
Coma novidade, este ano, haberá dúas alternativas tanto en datas como en localización. Así:
- Período: 2-11 de agosto. Lugar: Campamento de A Devesa (Ribadeo). Prazas: 25
- Período: 11-18 de agosto. Lugar: Campamento Illa de Ons. Prazas: 25
O prazo de inscrición comeza o luns 10 de xuño e finalizará o venres 14 de xuño, non habendo adxudicación de praza por orde de chegada.
Solicitude das prazas:
- Cada solicitante só poderá solicitar unha das dúas instalacións.
- Haberá que cubrir o documento de solicitude que se pode atopar tanto nesta web (ao final desta nova) como físicamente no Rexistro do Concello.
- A solicitude pódese presentar no Rexistro do Concello (horario de 9:00 a 14:00) ou a través da Sede Electrónica da web do Concello.
Adxudicación das prazas:
- No caso de existir exceso de demanda nalgún dos dous campamentos, procederase a realizar un sorteo público o luns 17 de xuño, ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Marín.
- No caso de existir exceso de peticións nun dos campamentos, os solicitantes non agraciados no sorteo, terán preferencia para cubrir as prazas sobrantes no campamento non sorteado.
- Para cubrir as prazas sobrantes, abrirase un novo proceso en datas a comunicar.
Formalización da praza:
- Unha vez concedida a praza, abrirase un prazo de pago do prezo público de 90 euros.
- Co pago do prezo público, presentar fotocopia do DNI do pai/nai/titor e do participante e a fotocopia da tarxeta sanitaria.