Cambios nas frecuencias de canles de televisión durante a próxima semana para liberar o segundo dividendo dixital

Cambios nas frecuencias de canles de televisión durante a próxima semana para liberar o segundo dividendo dixital

Na semana do 15 ao 20 de xuño está previsto o cambio da frecuencia de emisión dalgúns canais de televisión no noso municipio, con motivo do proceso de liberación do segundo dividendo dixital.

Unha vez que se faga efectivo o cambio de frecuencias, os veciños do municipio deberán resintonizar os seus receptores de televisión, utilizando o mando a distancia, para así seguir recibindo correctamente a sinal de todas as canles.

Os edificios de tamaño medio ou grande que estean equipados con sistemas de antena colectiva baseados en monocanales o centralitas programables, que non teñan adaptado a súa antena colectiva anteriormente, deberán contactar canto antes cunha empresa instaladora para adaptar a súa instalación de recepción de televisión.

Nestes casos, nos que pode darse un coste asociado á adaptación das instalacións de recepción de televisión, púxose en marcha un plan de axudas, que poden solicitarse na web www.televisiondigital.es.

Nas vivendas unifamiliares e de pequeno tamaño, non será necesario realizar adaptacións nas instalacións de recepción de televisión, unicamente será necesario resintonizar os receptores de televisión co mando.

Anterior O Concello desinfecta os parques infantís de cara á súa reapertura esta fin de semana

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados