O Goberno local presenta o borrador do Orzamento para 2025, o máis elevado da historia de Marín e marcado polo gasto en servizos públicos esenciais

O Goberno local presenta o borrador do Orzamento para 2025, o máis elevado da historia de Marín e marcado polo gasto en servizos públicos esenciais

A Conta Municipal ascenderá a 17.870.974 euros, rexistrando tres fortes incrementos de gasto: o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar, o contrato de xestión da Piscina Municipal e a previsión do novo que se sacará de Xestión de Residuos Urbanos. O documento será levado ao Pleno deste mes.

Marín, 02 decembro 2024

O Orzamento máis elevado da historia do Concello de Marín, marcado pola inflación e a suba dalgúns dos contrastos clave a nivel público no municipio. Ese é o borrador que o Goberno local presentou hoxe pola mañá nunha Comisión Extraordinaria de Facenda e no que se recolle a cifra que se manexará para o 2025 no municipio: 17.870.974 euros.

Supón un incremento do 9,36% con respecto ao Orzamento do 2024, cifrado en 16.342.099,05, e é un Orzamento “nada sinxelo na súa estrutura nin previsión”. Así o defende a alcaldesa, María Ramallo, na memoria que acompaña ao borrador, na que se explican pormenorizadamente as razóns que fan que “teñamos un Orzamento máis elevado ca nunca”.

O incremento de tres contratos claves na prestación de servizos públicos esenciais é o gran motivo tras a suba. O Servizo de Axuda no Fogar, o contrato de xestión da Piscina Municipal e a previsón de aumento do contrato de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos “aumentan as partidas destinadas a estos fins”.

O resto das partidas mantéñense, en maior ou menor medida, cun reparto porcentual similar ao recollido no documento orzamentario do 2024. “Pero o traballo de xestión cada vez é maior”, declarou a alcaldesa, “debido ás dificultades de financiación ás que nos enfrontamos as entidades locais, así como pola situación económica actual e o incremento dos custes”.

“A financiación das entidades locais segue sendo unha asignatura pendente, xa que non hai unha correlación real e asumible entre os ingresos e as esixencias de gasto para seguir prestando servizos de calidade. Por iso dicimos que cadrar e poder cubrir cos nosos fondos propios todo o noso gasto corrente é froito de moito traballo e moita xestión”, engade a alcaldesa.

En canto aos gastos, as partidas repártense da seguinte maneira en función do concepto:

ConceptoImporte totalPorcentaxe
Seguridade cidadá (Policía Local e Protección Civil) e mobilidade urbana174.0358,87 euros9,74 %
Urbanismo e vías públicas1.134.137,95 euros6,35 %
Limpeza de espazos públicos e xestión de residuos urbanos2.674.163,95 euros14,96 %
Mellora medioambiental e mantemento de parques, xardíns e cemiterios899.880,63 euros5,04 %
Servizos Sociais e Emprego2.276.934,54 euros12,74 %
Educación e Deporte1.970.538 euros11,03 %
Cultura e Festas1.150.140,57 euros6,44 %
Turismo e Comercio202.824,15 euros1,13 %
Administración xeral do Concello, Dixitalización e Participación cidadá3.007.750,04 euros16,83 %
Endebedamento730.865,96 euros4,09 %
TOTAL:17.870.974,27 euros100 %

Dadas as circunstancias anteriormente explicadas, de novo o Capítulo 6 do Orzamento, o relativo ás inversións, non leva recollidas inversións directas con fondos municipais. Mais iso, tal e como lembrou Ramallo, “non significa que non se realizarán inversións de calado para o interese xeral da cidadanía, todo o contrario, xa que contamos con moitas financiacións externas polo traballo que levamos feito estes anos para conseguir cartos doutras Administracións a través de convenios e subvencións ou de captación de fondos europeos, como por exemplo ocorre cos fondos do Plan de Sostibilidade Turística”.

Nesa liña, Ramallo destacou a finalización da construción do Auditorio (nas anualidades que se corresponden co 2025), á reactivación do proxecto de remodelación do Liceo Casino nun Centro de Ocio Xuvenil e o Arquivo Municipal, o remate das actuais humanizacións e a mellora de Rúa da Ponte, Pedreiras e a senda de Pardavila-Rúanova e toda a execución do PSTD son as principais inversións que se prevén no Orzamento.

Despois de ser trasladado ao resto de grupos da Corporación na Comisión Extraordinaria desta mañá, o borrador do documento elevarase a Pleno o día 12 de decembro para a súa aprobación inicial. Despois, exporase públicamente para finalmente poder aprobalo de xeito definitivo.

Anterior O II Festival Cine do Mar

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados