3 setembro 2021
A Asociación Bolymar recuperará o domingo 3 de outubro a súa tradicional Xuntaza de Laboreiras e de Palilleiras, que se celebrará ao aire libre, na Alameda Rosalía de Castro, de 10.30 a 14.00 horas.
Esta actividade foi presentada pola concelleira Itziar Álvarez, acompañada das organizadoras do evento Mónica Rodríguez e Conchi Veloso.
Cada ano, este evento, que viu paralizada a súa celebración por mor da pandemia e que agora volve, é unha referencia para as e os amantes desta técnica, que veñen de distintos puntos de Galicia até a nosa vila para gozar dunha xornada común.