Bases do XV Premio Narración Curta Concello de Marín

Bases do XV Premio Narración Curta Concello de Marín

Premio Narración Curta para escolares

A Concellería de Cultura convoca este premio de narración curta entre o alumnado que cursa os seus estudos de Primaria e de Primeiro e Segundo da ESO nos centros de ensino de Marín.

BASES:
1. Poderán participar todos/as os/as escolares dos centros de ensino do municipio de Marín que cursen Educación Primaria e Primeiro e Segundo da ESO.
2. Cómpre que os traballos sexan inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega cunha extensión máxima de 3 páxs. tamaño DIN A4, escritos por unha soa cara.
3. O prazo de admisión dos traballos pecharase ás 14.00 horas do día 20.04.2018.
4. Cada centro escolar poderá presentar, como máximo, tres traballos por categoría.
5. Haberá catro categorías:
1ª Categoría: Educación Primaria: lº e 2º curso.
2ª Categoría: Educación Primaria: 3º e 4º curso.
3ª Categoría: Educación Primaria: 5º e 6º curso.
4ª Categoría: ESO: 1º e 2º curso.
6. O xurado concederá tres premios por categoría consistentes en material escolar e unha placa para o primeiro de cada categoría.
7. O resultado das deliberacións do xurado publicarase ao día seguinte á avaliación e, asemade, convocarase aos/ás gañadores/as para recolleren os seus premios ás 12:00h do 17.05.2018, Día das Letras Galegas.

Premio Narración Curta para adultos

Co galo do Día das Letras Galegas o Concello de Marín, como cada dous anos, convoca o certame ”XV Premio de Narración Curta Concello de Marín”, no que rexen as seguintes condicións:

BASES:
1. Neste certame poderán concorrer todos/as os/as autores/as de ámbito nacional.
2. Cómpre que os traballos cumpran cos seguintes requisitos:
a. Que sexan en lingua galega, orixinais e inéditos.
b. Cunha extensión limitada entre cinco e dez páxinas tamaño DIN A4 mecanografadas a dobre espazo por unha soa cara, polo menos, as cinco primeiras.
c. A temática será libre.
d. O prazo: os relatos presentaranse antes das 13.00 h do día 20.04.2018.
e. Hanse de remitir á Comisión de Cultura do Concello de Marín, indicando no sobre “XV Premio de Narración Curta Concello de Marín”.
3. Concederase un único premio de MIL EUROS (1.000,00 €) ao que se lle aplicará a retención prevista na normativa (21%).
4. O xurado publicará o seu fallo nos medios de comunicación e poñerase en contacto co/a autor/a, quen se compromete acudir ao Concello de Marín para recoller o premio o 17.05.2018, Día das Letras Galegas, dentro dos actos organizados por mor do exaltación da nosa lingua.
5. A concesión do premio non implica a perda dos dereitos de
autor/a sobre o traballo premiado.
6. O Concello de Marín resérvase o dereito de publicar
total ou parcialmente o traballo premiado.
7. Se os traballos que presentaren non reuniren a suficiente
calidade, o xurado proporá declarar deserto o premio.

Anterior Valoración proceso selectivo funcionarios

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados