Baremos establecidos pola Seguridade Social para a bonificación da taxa de recollida do lixo

Baremos establecidos pola Seguridade Social para a bonificación da taxa de recollida do lixo

O Concello informou do límite económico que se establece para a bonificación do pagamento da taxa da recollida de lixo e que, polo tanto, permite que persoas en situación de vulnerabilidade económica poidan ter bonificado este pagamento.
Segundo se recolle no artigo cinco da ordenanza fiscal que regula este imposto municipal, o límite económico para a bonificación será a prestación do RISGA e outros réximes de prestacións similares. Isto supón que, nestes casos, non exista unha contía fixa, porque cada usuario destas prestacións pode percibir cantidades diferentes segundo a súa situación social.
Tamén está recollida como referencia para a bonificación do imposto de recollida do lixo a contía da pensión mínima de xubilación. Este nivel de renda depende tamén do número de membros que formen a unidade familiar, de tal maneira que se establecen as seguintes cifras por parte da Seguridade Social:
– 1 membro: 677,40 € (pensión mínima sen cónxuxe a cargo)
– 2 membros: 835,80 € (pensión mínima con cónxuxe a cargo)
– 3 membros: 994,20 €
– 4 membros: máis de 1.152,60 €
Segundo os datos aportados pola Concellería de Benestar Social, no 2018 beneficiáronse da bonificación desta taxa 191 persoas, que ascenderon a 197 no 2019.

Anterior O Bolo do Pote, unha tradición gastronómica que volve á actualidade o próximo domingo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados