Bando pola sequía

Bando pola sequía

Con motivo da situación actual de seca prolongada en todas as unidades territoriais da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, comunicada aos concellos por Augas de Galicia, vémonos na obriga de tomar medidas urxentes para preservar un ben tan esencial como a auga.

O Concello de Marín apela ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga no día a día e solicita expresamente a adopción das seguintes medidas:

Uso razonable e preferente da ducha en vez de o baño (brevidade, grifos de baixo caudal, etc).
• Pechar o grifo cando non se estea utilizando.
• Reparar calquera goteo ou fuga.
• Restrinxir ao máximo o rego, o lavado de coches, baldeos de espazos e o recheo de piscinas.

Ademáis, este Concello suspende os seguintes servizos:
• O baldeo de espazos públicos.
• Duchas, lavapés e lavamans nas praias.

Pedímosvos a vosa implicación coa esperanza de non ter que adoptar medidas máis restrictivas. Só co voso compromiso e solidariedade poderemos prolongar as reservas actuais de auga.
Estas medidas manteranse ata novo aviso, unha vez que cese a situación de seca prolongada.

Anterior Volve a Festa Corsaria, cunha undécima edición por todo o alto

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados