Avanzan a bo ritmo as obras de mellora da estrada rural de Mimáns, entre Ameal e Ruanova

Avanzan a bo ritmo as obras de mellora da estrada rural de Mimáns, entre Ameal e Ruanova

Os concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos visitaron hoxe pola mañá as obras de mellora e mantemento da estrada rural de Mimáns, que une os núcleos de Ameal e Ruanova, na parroquia do Campo, unha actuación que ten como finalidade o coidado das infraestruturas de comunicación no rural, un dos eixos sobre os que traballo intensamente a Concellaría de Medio Rural.
Novas afirmou que os traballos “avanzan a bo ritmo” e espera que en tres semanas “poidamos ter xa rematado este vial, que é moi frecuentado pola veciñanza”.
A obra está sendo executada pola empresa Fechi SL, gañadora do concurso público que se habilitou para licitar os traballos. O custe global da mesma é de 34.707,83 euros, dos cales o 80% serán financiados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, con cargo ao seu Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020. O resto da contía será aportado polos fondos propios do Concello.

Anterior O Concello advirte aos establecementos hosteleiros da necesidade de cumprir ca ordenanza das terrazas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados