O contrato ten un importe de licitación de 725.437 euros e ten posibilidade dun ano de prórroga.
O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 31 de maio e contémplase a contratación de 14 socorristas, 3 auxiliares e 1 unha persoa coordinadora.
Marín, 01 xullo 2024
Xullo arranca nas praias de Marín por todo o alto. A alcaldesa, María Ramallo, acompañada das concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña, acudiron hoxe a Portocelo para facer entrega e izar as Bandeiras Azuis que este ano ondearán en todas as praias, a excepción de Loira, aínda que esta contará con todos os servizos exactamente igual cas demáis.
Un destes é o de socorrismo, que tamén se estrea hoxe co despregue de 14 socorristas repartidos polos distintos areias, segundo as necesidades de cada un; 3 auxiliares de información e primeiros auxilios e 1 persoa coordinadora. O seu horario será de luns a domingo, de 12.00 a 20.00 horas, repartidos en quendas, e estarán ata finais de agosto velando pola seguridade dos bañistas.
Este será o primeiro ano en que este servizo sexa xestionado a través da empresa Salvar, Formar y Socorrer SL, que resultou adxudicataria da licitación impulsada polo Concello para os próximos tres anos, con posibilidade dunha anualidade máis de prórroga. En total, a dotación de socorristas nas praias supón unha inversión de máis de 725.000 euros.