As concelleiras Itziar Álvarez e Beatriz Rodríguez visitaron esta xunto coa artista María Sancho a exposición das láminas que forman parte do almanaque de Portas de Marín que creou esta experta en caligrafía artística e pintura.
A exposición poderá verse no hall do Museo Torres e supón unha viaxe por distintos espazos da nosa vila nos que se atopan esas portas emblemáticas ou que, segundo verbas da autora, “forman parte das miñas lembranzas da infancia, da miña adolescencia, madurez e, á vez, que foron testemuñas da memoria dun pobo, conformando un precioso patrimonio”.
Precisamente, coa intención de converter esa creación dun patrimonio común nunha realidade, o Concello impulsará a explicación de cada unha destas historias que esconden as portas mes a mes.
De feito, a artista abre o email laspuertasdemarin@gmail.com para que todos aqueles que coñezan anécdotas e historias interesantes sobre esas localizacións poidan aportar o seu grao de area escribíndolle, de tal xeito que se reconstrúa colectivamente a tradición que esconden detrás.