O Concello de Marín repartirá 2.500 euros en cheques para alimentos ás ONGs da vila,
dentro da Campaña de Nadal, coa fin de que os usuarios destas organizacións poidan
tamén gozar destas festas, nas que a vila mostra toda a súa solidariedade.
Así, segundo informou hoxe a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, o
comedor benéfico e Cáritas recibirán 500 euros cada unha. No que respecta a SOS, Sor
Elvira e Amenac, recibirán 450 euros cada unha; e Cáritas Santomé, 150 euros. Esta
proporción atende ao número de familias coas que colabora cada ONG.
Sanmartín recibiu hoxe aos membros dos colectivos, que foron ao edificio consistorial a
recoller eses cheques así como o material de promoción e organización da Campaña de
Recollida de Alimentos nos centros educativos de Marín.
Esta iniciativa comezará o luns, 2 de decembro, e rematará o xoves, día 19. A cada
asociación se lles asignaron un ou varios centros educativos, en función do número de
alumnado.
Desta forma, SOS xestionará a campaña no CEIP A Laxe, EEI O Grupo e o IES Illa de
Tambo. Cáritas Santomé encargarase dos CEIP de Ardán e CEIP Seixo. Pola súa parte,
Cáritas asumirá a xestión no CPR San Narciso e nas Galiñas Azuis de San Pedro e de
Seixo. Amenac organizará a recollida no CEP Sequelo e na EEI Nosa Señora. Sor Elvira
estará á fronte da campaña no CEIP Carballal e nos IES Chan do Monte e Mestre Landín.
E, finalmente, o comedor benéfico encargarase do CPR La Inmaculada.
Outras actividades navideñas
Dentro do programa de Nadal do Concello inclúese tamén o sorteo de tres cestas de
alimentación, con produtos típicos destas festas. Será o 20 de decembro, ás 19.00 horas,
na Alameda Rosalía de Castro. As cestas serán cedidas por Gadis, o Grupo Rosvel e Isabel
Alimentación. Polo que de aquí ao día do Sorteo, o voluntariado das ONGs venderá rifas.