As obras no río Lameira obrigan a pechar temporalmente o tránsito peonil pola pasarela de madeira
Senda peonil clausurada

As obras no río Lameira obrigan a pechar temporalmente o tránsito peonil pola pasarela de madeira

A razón técnica é que os piares de sostemento da pasarela vense afectados polos traballos que se están a desenvolver no cauce.
No proxecto inclúese a creación dunha senda peonil nova.

Marín, 10 setembro 2024

As obras do río Lameira, que supoñen unha importante inversión para deslocalizar todo o actual colector de saneamento que vai polo medio do río, renovalo e, polo tanto mellorar todo o saneamento da zona, van avanzando.

Mais estes traballos afectan aos piares de sostemento da pasarela de madeira que permite o tránsito peonil pola zona. Ante esta situación, os criterios técnicos obrigan a pechar temporalmente o tránsito peonil pola pasarela, xa que pode estar desestabilizada.

Ademais, o Concello recorda que dentro do proxecto do colector inclúese a creación dunha senda peonil por todo o río, que permitirá mellorar un dos corredores verdes máis agradables que temos no centro urbano da vila.

No que respecta ao proxecto de saneamento, estase a executar unha obra de máis de 3 millóns de euros coa que actuamos sobre a rede de augas residuais da cunca do Lameira, que finaliza no bombeo do mesmo nome. Ese caudal chega ata o colector da Avenida de Ourense, onde finalmente impúlsase o saneamento ata a EDAR de Placeres. Este colector é un dos fundamentais de toda a rede de saneamento municipal, xa que cobre este servizo na maior parte do casco urbano.

A orixe do colector está na PO-313, pero a maior parte discorre polo propio leito do río. Isto, sumado a que existe unha rede única (que suma fecais e pluviais) en gran parte das rúas. O alto grado de infiltración de auga de chuvia no sistema provoca

que se sobrepase o caudal máximo e que, polo tanto, se produzan verquidos incontrolados ao medio ambiente.

Polo tanto, con este proxecto integral búscase resolver esta problemática, renovando o colector, mellorando o bombeo e interviñendo nalgúns puntos claves da rede, como en Coirados, Jaime Janer, a Barriada de Suboficiais, o Lavadoiro do Souto ou a zona de Mogor.

Anterior O padel máis solidario volve a Marín para loitar pola investigación sobre a enfermidade de Duchenne

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados