As obras do Centro Socio Cultural seguirán adiante cos prazos previstos

As obras do Centro Socio Cultural seguirán adiante cos prazos previstos

A alcaldesa, María Ramallo, presidiu a Xunta de Portavoces que convocou a semana pasada para trasladar aos representantes dos grupos da Corporación municipal as novidades en torno á execución das obras do Centro Socio Cultural.

As obras iniciáronse no último trimestre de 2022, coa execución das catas iniciais e as primeiras escavacións. Ante o inicio das escavacións, presentáronse dúas situacións. No que respecta ao nivel da auga, apareceu de xeito máis superficial do que inicialmente estaba previsto no estudo xeotécnico que se levou a cabo antes de iniciar as obras.

Isto supón, tal e como trasladan os técnicos, complicacións á hora de executar a parte do soto do edificio, que albergaría apenas 12 prazas de estacionamento para uso de artistas. Por tanto, á espera de ter toda a documentación técnica lista, o Goberno local considera razonable prescindir deste soto para poder manter o ritmo de execución da edificación.

Ademais, desde a empresa notificaron a necesidade de propoñer unha alternativa nunha parte da cimentación. Isto prodúcese porque apareceron nas excavacións restos dunha escollera, que obrigan a prantexar unha cimentación a base de micropilotes.

En ambos casos, tal e como indicaron desde o Goberno local, estamos ante coxunturas propias dunha obra deste calado nun espazo cercano ao mar.

Oque está asegurado é que esta situación non afectará aos prazos de execución das obras, xa que a empresa seguirá traballando seguindo o plan de obra inicialmente previsto.

A alcaldesa adiantou que na Xunta de Portavoces chegouse ao acordo de que se lles facilitará a documentación sobre este cambio cando esta sexa avaliada polos servizos técnicos e administrativos.

Anterior As humanizacións da Rúa da Ponte, Concepción Arenal e Jaime Janer

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados