26 setembro 2022
A construción do Centro Socio Cultural de Marín, a infraestrutura que permitirá ao noso municipio programar e fomentar a dinamización cultural e que transformará o corazón urbano da vila, comezará esta semana.
Desde hoxe, a Policía Local xa vén de colocar as vallas informativas na parcela da Praza de España, conforme non se poderá estacionar na parcela correspondente ás obras a partir das 15.00 horas do mércores, 28 de setembro.
Este arranque do proxecto supón “unha importante nova para o noso municipio, que por fin verá como o Centro Socio Cultural polo que tanto tempo levamos traballando pasa do papel á realidade”, afirman desde o Goberno local, que leva tempo xestionando e coordinando a estratexia de mobilidade a seguir para que as obras non supoñan un problema no tráfico e no estacionamento.
A pedra angular desa estratexia foi a posta en marcha do Proxecto MARES (Marín Estacionamento), que permite aglutinar toda a información dos aparcadoiros públicos gratuitos que o Concello foi conseguindo por todo o centro urbano para aumentar o espazo de estacionamento no municipio.
En total, estamos falando de 850 prazas de estacionamento que se reparten polos 13 aparcadoiros creados a maiores do da Praza de España, cuxas prazas non entran neste conteo.
A ubicación destes espazos de aparcadoiro pódese consultar no Parking Minuto, ao que hai que engadir a bolsa de Rúa Quevedo, que se conseguiu poñer a disposición da veciñanza este verán.
Iníciase tamén o pintado das novas rúas da ZONA 2H
O segundo piar máis importante do Proxecto MARES foi o impulso da ZONA 2H, unha zona de estacionamento público gratuito con horario limitado, que resultou un enorme éxito na súa posta en marcha e que a día de hoxe permite a rotación dos vehículos no centro urbano para mellorar a dispoñibilidade de prazas.
Por ese bo éxito, o Pleno aprobou ampliar este sistema ás seguintes zonas:
1.- Zona próxima á Praza de Abastos
Na rúa Exército e Marina, ocupando todo o estacionamento existente na súa marxe esquerda, desde a entrada principal ata a súa bifurcación coa Praza de España. En total serán 20 prazas, repartidas do seguinte xeito:
– Desde o paso de peóns da entrada principal ata o final do edificio: 12 prazas
– Desde o final do edificio ata o paso de peóns de Correos: 4 prazas
– Desde o paso de peóns de Correos ata o final: 4 prazas
2.- Zona do Centro de Saúde
Na rúa Mestre Landín Pazos. Regularase o aparcadoiro público do INVIED que hai fronte á entrada do Centro de Saúde, así como a beirarrúa pegada ao edificio, exceptuando as prazas destinadas á ambulancia e a de persoas con mobilidade reducida. Serán 15 prazas.
3.- Zona da Rúa Méndez Núñez
No tramo situado entre o carga e descarga detrás do Concello ata o carga e descarga que hai detrás da Biblioteca Pública Vidal Pazos. Serán 12 prazas.
4.- Zona de Jaime Janer
Desde o cruzamento coa Travesía Jaime Janer até o cruce coa rúa Busto de Abaixo. Ocuparanse 11 prazas.
5.- Zona Rúa da Ponte
Ocuparase todo o tramo, unindo coas prazas xa existentes como Zona 2H. En total, dotarase de 20 prazas.
6.- Zona Avenida de Ourense
Habilitarase a Zona 2H desde o cruzamento da Rúa Carballino ata o a rúa do Tombo, con seis prazas.
En total, sumando estas novas prazas ás xa existentes na ZONA 2H, falamos de 155 estacionamentos que teñen mobilidade. Está previsto que nos próximos días se inicie o pintado da novas zonas, para que xa poidan entrar en funcionamento.