As obras de renovación do céspede do campo de fútbol De San Pedro según o seu curso.

As obras de renovación do céspede do campo de fútbol De San Pedro según o seu curso.

Esta semana están procedendo á colocación do céspede sintético, tratando así de colocá-lo, unha vez que o resto das actuación están xa rematadas.

Con esta actuación, mellorarase o campo cunha herba sintética de última xeración e renovaranse as porterías, que serán pregables.

A Concellería de Deportes raí seguimento a esta actuación de remodelación do céspede do campo de fútbol de San Pedro, que pasará ser de herba sintética de última xeración ao que se lle realizará un lastrado con area de sílice e caucho.

A empresa Prace Servicios y Obras, que foi a que mellor oferta presentou entre as 11 candidatas que concorreron á licitación. As obras adxudicáronse por un importe de 405.230,40 euros e a empresa dentro do prazo de execución da mesma está no seu tramo final, tratando de acabar o compromiso de que estará listo para o inicio da temporada.

O campo seguirá permitindo a práctica de fútbol 11 e de dous partidos simultáneos de fútbol 7 en campo corto.

En canto ao equipamento, a novidade será que as porterías de fútbol 7 serán pregables, con recollida na barandilla que arrodeará o perímetro do xogo, segundo as distancias homologables. O céspede estase colocando sobre a base de asfalto existente tras realizar as oportunas nivelacións, necesarias en distintas zonas do actual terreo de xogo. Ademais, mellorouse a rede de rego engadindo cañóns de aspersión de auga de tipo emerxente.

Dentro do proxecto, xa se demoleu a parte de grada descuberta, que pasará a ser parte do céspede, de tal xeito que este terreo gañado poida ser destinado ao quentamento para os diferentes deportes. O muro de lonxitude desa mesma zona foi tamén demolido, pero substituído por outro a base de formigón armado.

O Estadio Municipal de San Pedro é unha instalación deportiva tremendamente utilizada por diferentes entidades de Marín, tanto de fútbol como de atletismo. Uns 250 usuarios utilizaban diariamente, antes do inicio da pandemia, esta infraestrutura. E despois de 10 anos, cando se colocou o primeiro céspede, é o momento da súa renovación.

Con este novo proxecto, o estadio contará cun aspecto máis moderno e actual e redundará sen dúbida no beneficio dos clubs deportivos de Marín. Ademais, súmase a outras melloras implementadas en San Pedro, como a renovación das pistas e de toda a zona de vestiarios/baños, a instalación de asentos en todo o graderío cuberto ou a renovación de banquillos de suplentes e do marcador.

Anterior Plan Ágora, polos espazos públicos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados