As luces do Nadal Marín xa inundan as rúas e prazas da localidade

As luces do Nadal Marín xa inundan as rúas e prazas da localidade

O Nadal xa prendeu a súa luz en Marín. Aínda que ao longo da semana xa foi posible vislumbrar algúns elementos, desde hoxe pola tarde xa se poderá ver o acendido na súa totalidade do alumeado típico destas datas, que enche de ledicia e de esperanza as vilas de todo o mundo.

A Avenida de Ourense, o Parque Eguren, distintas rúas do centro urbano, Seixo… son só algúns dos puntos nos que se pode gozar da ornamentación de Nadal, nun ano no que será preciso mudar as nosas costumes para poder seguir loitando contra a pandemia.

Ademais, instalouse un fío musical de Nadal que estará activo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, que axudará tamén a crear esa sensación de datas especiais, moi sinaladas nos nosos calendarios e que nos axudarán a pechar un ano especialmente difícil.

No que respecta ás estacións de decoración, decidiuse facer unha aposta importante por este tipo de ornamento, para acompañar ás luces típicas do Nadal. En total, para crear estes espazos, utilizáronse 120 metros cadrados de céspede e 10 toneladas de area, 20 pequenas árbores de Nadal, 100 prantiñas e 30 alpacas de palla, así como bonecos decorativos, que se colocarán na torre do reloxo da Igrexa Vella, na Praza da Capirota, na Alameda, no Palco da Música e no Parque Eguren.

Anterior O Concello inviste máis de 48.000 euros na renovación e mellora da eficiencia enerxética da estrada Vilaseca-O Pazo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados