As coidadoras, colectivo ao que se lle adicará a conmemoración do 8M en Marín

As coidadoras, colectivo ao que se lle adicará a conmemoración do 8M en Marín

A Sala de Xuntas do edificio consistorial acolleu a reunión do Consello Municipal da Muller, un órgano consultivo que conta con vogais de cada un dos partidos políticos con representación no Concello, con persoal técnico do CIM e Servizos Sociais e con representantes de asociacións veciñais e de mulleres.

Os puntos a tratar versaron sobre a conmemoración o próximo 8 de Marzo do Día Internacional da Muller. O acto institucional deste día será na praza do mesmo nome, ás 13.00 horas, con posibilidade de trasladalo ao Concello en caso de chuvia.

Un par de días antes, concretamente o xoves, día 5, repartiranse as tradicionais tazas cunha viñeta do debuxante Luis Davila, que sempre personaliza en función do colectivo de mulleres ao que se lle adica a conmemoración desta data.
Neste caso, o Consello decidíu adicar o 8M do 2020 ás coidadoras, nun senso amplo da palabra, tratando de englobar a todos os ámbitos. As mulleres que coidan a familiares, a fillos, a persoas dependentes, ás que traballan fóra da casa noutra profesión e ás que son amas de casa e teñen, ademais, a alguén ao seu cargo… “Aquí entran todos eses perfís”, asegurou a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín.

Por outra banda, as participantes no Consello realizaron achegas para a declaración institucional que se lerá durante o acto oficial. Nela, incluiranse datos sobre a historia que hai detrás da conmemoración deste día e se realizará unha panorámica sobre a situación actual da muller na vila de Marín, especialmente en relación ao ámbito laboral e á repartición das tarefas domésticas e de coidado, para o que o Consello pedirá na declaración unha maior corresponsabilidade.

Anterior O campo de fútbol da Raña contará cun novo céspede de herba sintética de última xeración

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados