Arroupa recolleu máis de 33.760 quilos de residuo téxtil

Arroupa recolleu máis de 33.760 quilos de residuo téxtil

A empresa de inserción laboral Arroupa Santiago recolleu en Marín durante o pasado ano 2019 un total de 33.761,50 quilos de residuo téxtil, a través dos cinco colectores de roupa que ten instalados na vila desde o ano 2016, cando o Concello e Cártias (ONG asociada á empresa) firmaron un convenio para a instalación destas unidades.
Os colectores atópanse situados xunto ao Centro de Saúde, dous na Avenida de Ourense, na Praza de Abastos e na Rúa Concepción Arenal. No que máis quilos de roupa se recolleron foi no instalado no Mercado municipal, cun total de 8.462 quilos.
O colector do Centro de Saúde tamén rexistrou boas cifras, con 7.977,50 quilos de roupa acumulados. Segundo indican fontes municipais, isto demostra “a solidariedade e conciencia social” que ten a veciñanza da vila, que non dubida en colaborar con estas iniciativas para darlle unha segunda vida á roupa que estea nas condicións idóneas para a súa reutilización.
Facendo un histórico dos anos que leva Arroupa cos colectores instalados no municipio, en total foron recollidos 104.000 quilos de roupa.

Anterior O ano 2020 terá nome propio en Marín: Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados