Arrancan os traballos de acondicionamento como aparcadoiros das parcelas de Inferniño por 40.000 euros
Arrancan os traballos de acondicionamento como aparcadoiros das parcelas de Inferniño por 40.000 euros

Arrancan os traballos de acondicionamento como aparcadoiros das parcelas de Inferniño por 40.000 euros

Os traballos permitirán eliminar toda a roza, facer muros de contención e pavimentar para poder utilizar as parcelas como estacionamientos públicos gratuítos, sumando máis de 100 prazas de estacionamento

Marín, 28 febreiro 2025

Esta mañá arrancaron os traballos de acondicionamento e adecentamento das cinco parcelas de Inferniño que o Concello conseguiu en réxime de aluguer para ser destinadas a aparcadoiros públicos gratuítos, ganando 100 novas prazas de estacionamento en pleno casco urbano.

Estes traballos suporán unha inversión de case 40.000 euros, para actuar nos máis de 2.700 metros cadrados. Consistirán en despexar e rozar toda a vexetación, así como a compactación dos terreos, a súa pavimentación e a creación de muros de contención.

En toda esta zona, sumando estas novas 100 prazas e as 25 novas que se habilitaron en José del Río, mellórase o acceso ao estacionamento nun entorno que está moi cercano ás principais rúas céntricas.

Anterior Unha viaxe para celebrar o Día do Pai: a campaña de dinamización comercial do Concello para o 19 de marzo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados