Arranca a transformación urbana do centro de Seixo, coa remodelación do entorno do Mercado de Abastos

Arranca a transformación urbana do centro de Seixo, coa remodelación do entorno do Mercado de Abastos

9 marzo 2022

Seixo inicia desde onte unha das maiores transformacións urbanas do seu núcleo urbano, co arranque das obras de humanización da contorna do Mercado de Seixo. “É un proxecto ambicioso, que levamos traballado todos estes últimos meses e que consideramos esencial para Seixo, que agora contará cun centro urbano máis ordenado e con máis espazos para a veciñanza”, explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas.

Tal e como se recolle no proxecto, reformularase a rúa para que teña plataforma única, con uso prioritario de peóns e cunha plaza anexa a nivel que permita usos múltiples de ocio e desfrute do entorno urbano. En total, aumentarase o espazo peonil en máis de 800 metros cadrados. Tamén se renovarán a xardinaría, a sinalización e o mobiliario urbano.

O orzamento global do proxecto ascende a case 730.150 euros, dos cales 548.058,39 serán aportados pola Deputación de Pontevedra, a través do Programa ReacPon. O prazo de execución da obra será de 6 meses.

Unha segunda obra de humanización despois da mellora en Camiño Vello

Esta será a segunda gran obra de humanización que se leve a cabo en Seixo nos últimos tempos, despois da remodelación da Rúa Camiño Vello, na que se

renovaron todos os servizos, ancheáronse as beirarrúas, púxose novo mobiliario e arborado e pavimentouse de novo.

Anterior Marín acolle o acto institucional do 8M co exemplo de mulleres profesionais do sector do transporte

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados