Aprobado o proxecto para remodelar o antigo Liceo Casino e convertilo nun Centro de Ocio xuvenil

Aprobado o proxecto para remodelar o antigo Liceo Casino e convertilo nun Centro de Ocio xuvenil

O Liceo Casino de Marín está agora máis cerca de converterse nun Centro de Ocio Xuvenil. A Xunta de Goberno local celebrada este mediodía deu luz verde ao proxecto de remodelación da planta baixa e o sótano do inmoble, por un prezo de licitación de 397.939,91 euros.

Esta inversión realizarase con cargo ao remanente de Tesourería e axudará a adaptar as actuais instalacións, que datan de 1993 e ocupan case 1.700 metros cadrados. O soto será destinado ao Arquivo municipal, que estará mellor catalogado e conservado, e contará cunha entrada única.

Contará cunha zona de recepción propia xunto ás escaleiras existentes e prevese a instalación dun ascensor para facilitar tanto o acceso peonil como o traslado de cargas pesadas ao arquivo.

No caso da planta baixa, a día de hoxe existe unha distribución con usos como cafetaría, sala de baile, ximnasio e piscina. Con este proxecto, readaptarase esa distribución para poder crear un amplo vestíbulo multiusos, unha sala de traballo e estudo, unha sala de informática e unha sala de xogos e descanso.

Anterior Cinco empresas interesadas na licitación do proxecto de remodelación do Liceo Casino

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados