Amor universal, diverso e libre: unha proclama para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

Amor universal, diverso e libre: unha proclama para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

O amor ten que ser universal, diverso e libre. Ese é o lema que utiliza este ano o Concello de Marín, a través do CIM, para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+, que se conmemora o 28 de xuño.

“É preciso visibilizar e normalizar todas as formas que existen nesta sociedade de amor. É un camiño sólido no que tamén debemos estar as administracións”, aseguran fontes municipais. Para esta campaña, repartiranse pulseiras e lazos coa bandeira LGTBI+, que se poderán conseguir na Biblioteca, no Museo, na Casa Consistorial e no CIM (Finca de Briz).

Ademais, colocáronse dous photocalls, un na Praza 8M e outro fronte ao Concello, pensados para que toda a veciñanza de Marín que queira sumarse a esta xornada reivindicativa poda inmortalizalo e subilo ás redes sociais, etiquetando ao Concello de Marín.

O obxectivo é que se favorezca e potencie unha cultura de respeto e inclusión cara a cualqueira forma de diversidade.

Anterior Encontros coa pequena empresa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados