O alumnado do CEIP de Seixo consegue os seus carnés de ciberexpertos
O alumnado do CEIP de Seixo consegue os seus carnés de ciberexpertos

O alumnado do CEIP de Seixo consegue os seus carnés de ciberexpertos

Os 16 participantes de sexto de Primaria do centro educativo recibiron unha formación en ciberseguridade impartida pola Policía Nacional de Marín.

Marín, 7 abril 2025

Esta mañá, o CEIP de Seixo acolleu o acto de entrega dos carnés de ciberexperto aos 16 alumnos e alumnas de sexto de Primaria que participaron nesta iniciativa educativa impulsada pola Policía Nacional, na que participaron a alcaldesa, María Ramallo, e o xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez Ares, así como o xefe da comisaría da Policía Nacional, Javier Rodríguez Fos, e outras autoridades do corpo de seguridade.

Nesta campaña educativa no CEIP de Seixo, a Policía Nacional impartiu unha formación voluntaria á súa segunda promoción, formada por 16 alumnos e alumnas de sexto de Primaria, aos que se lles formou durante unha semana do mes de outubro, a cargo do delegado de Participación Cidadá da Policía Nacional, Rafael Alonso.

Os dezaseis alumnos pasaron a evaluación con gran nota e por iso hoxe se lles entregaron os carnés de ciberexpertos, que os avalan como profesionais en materia de ciberseguridade.

Desde o Concello apóianse este tipo de iniciativas a educar dende o principio as novas xeracións sobre a importancia hoxe en día da ciberseguridade e de que os rapaces e rapazas estén informados e informadas para que tomen en serio este tema, xa que na actualidade é de suma importancia debido a que dende moi cativos empezan usando as novas tecnoloxías.

Durante o acto, fíxoselles un “exame oral”, lembrando algúns dos conceptos aprendidos durante a formación, como o de ciberbullying, o grooming, a pegada dixital…

Tras a entrega dos carnés da man da alcaldesa, o xefe territorial de Educación César Perez deu un discurso sobre o compromiso que adquiriron os participantes de usar responsablemente as redes e finalizou felicitando ao director do centro e á Policía Nacional pola promoción da prevención do ciberacoso.

A alcaldesa María Ramallo recalcou aos alumnos a importancia tanto de defenderse uns a outros con estas novas tecnoloxías como de que non tiveran présa ningunha en empezar a usar o móbil “nos que por desgraza todos estamos absortos a día de hoxe”.

O acto finalizou cunha foto colectiva do alumnado premiado coas autoridades e o equipo directivo do centro.

Anterior Aberto o prazo para concorrer á explotación dos quioscos das praias de Marín ata o 2028

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados