As concelleiras Marián Sanmartín e Elisa Dopazo reuníronse esta semana cos representantes da clínica Alter Saúde, que poran en marcha unha campaña solidaria durante o Nadal en colaboración co Concello.
Esta acción solidaria desenvolverase do 7 ao 18 de decembro, dúas semanas durante as cales o centro destinará un euro de cada servizo de fisioterapia, podoloxía, estética, adestramento ou nutrición que se realice.
Esta recadación irá destinada ás ONGs da vila, a través do Concello, que realizará ao finalizar a campaña un reparto proporcional entre todas as asociacións sen ánimo de lucro do montante total conseguido.
Alter Saúde lembra que o euro será a cantidade fixada polo centro pero que cadaquen é libre de aportar a doazón que considere. O Concello mostrou o seu agradecemento e apoio a Alter Saúde nesta iniciativa solidaria.