A alcaldesa reúne coa Asociación de Veciños Alborada para estudar melloras e inversións
A alcaldesa reúne coa Asociación de Veciños Alborada para estudar melloras e inversións

A alcaldesa reúne coa Asociación de Veciños Alborada para estudar melloras e inversións

Foron recibidos pola rexedora e o concelleiro de Medio Rural, co obxectivo de coordinar as próximas actuacións que se levarán a cabo na Casa de Cultura de San Xulián, no parque infantil e en distintos puntos para mellorar a seguridade vial

Marín, 25 marzo 2025

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural Pablo Novas, recibiron onte pola tarde no Concello á Asociación de Veciños Alborada, que engloba os lugares de Arealonga, Casal, Souto do Carregal e A Laxe.

A rexedora repasou coa asociación algunhas das necesidades que teñen estes lugares, cales foron subsanadas nos últimos anos e cales están pendientes para ir mellorando a calidade de vida e os servizos de todas as persoas que viven nestas zonas.

Ademais, na reunión tratáronse de coordinar as actuacións que a asociación fará grazas ás subvencións que solicitaron a outras administracións, como a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, ou das achegas da Comunidade de Montes de San Xulián.

Eses financiamentos irán sobre todo destinados a cuestións de mellora da seguridade viaria, á mellora do parque infantil e á adquisición de novo mobiliario na Casa de Cultura. Ademais, desde o Concello estudaranse outras necesidades en materia de mobilidade e conectividade, como a mellora de camiños e pavimentacións.

Anterior Aterra na Alameda o proxecto itinerante CreActivity, que mistura ciencia, tecnoloxía e arte

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados