Desde a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui aseguran que se precisan máis familias para seguir mantendo un programa que é clave na cooperación entre ambos lugares.
Marín, 10 xullo 2024
A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, recibiron esta mañá aos sete nenos e nenas saharauis que pasarán dous meses nos distintos concellos do Morrazo, antes de volver xunto ás súas familias.
Karin, Yumana, Salka, Ahmed Jady, Moina e Salek coñeceron o salón de Plenos e as instalacións municipais e recibiron de mandas da alcaldesa un vale de 30 euros para mercar material escolar e de debuxo.
Este programa, “Vacacións en paz”, é posible grazas ao traballo da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que levan impulsando anos esta iniciativa coa que cerca de 300 rapaces e rapazas chegan a Galicia desde os campos de refuxiados de Tinduf para pasar as súas vacacións e ter a oportunidade de facer de Galicia o seu segundo fogar durante un tempo.
Desde a asociación, recordan que sempre lles fan falta familias e desde o Concello fan un chamamento á veciñanza de Marín a que contacte coa plataforma e se informe do programa de cara ao verán que ven, para poder seguir recibindo a nenos e nenas que ata os 12 anos poden seguir beneficiándose dunha iniciativa clave en cooperación internacional.