Grazas a EduCaixa, a mocidade que se achegue á unidade móbil poderá construir o seu proxecto. Pola mañá será para os escolares dos centros educativos e pola tarde estará aberto de
16.00 a 18.00 horas.
Marín, 25 marzo 2025
Mañá e pasado, a Alameda Rosalía de Castro acollerá a unidade móbil de Creactivity, un proxecto itinerante dirixido a escolares e familias que propón unha nova forma de aprender, alineada coas disciplinas científico-técnicas e artísticas.
Esta iniciativa ofrece un novo contexto innovador de aprendizaxe que consiste en deseñar e desenvolver solucións orixinais para problemas sinxelos, utilizando diversos recursos: materiais cotiáns, ferramentas de baixa e alta tecnoloxía etc., en sesións gratuítas de 90 minutos. Dentro do espazo Creactivity os escolares aplicarán o seu enxeño, destreza e creatividade e colaborarán para construír o seu proxecto.
Trátase dunha unidade móbil (autobús) totalmente adaptada para persoas con mobilidade reducida, facilitando tanto o seu acceso como a súa participación ao longo da actividade e que estará na vila co seguinte horario: polas mañás, para os centros educativos, e polas tardes, de 16.00 a 18.30 horas para todo o públio.
Bancos, mesas de traballo e probas será o que se atope a mocidade que se achegue, repartidos polas distintas zonas: de Mecánica, de vento, de electricidade… e ata un sistema de stop motion.
Movemento Tinkering: a capacidade de improvisar con creatividade
O sistema de aprendizaxe do Creactivity está inspirado no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, que nace do movemento Maker (ou Making), que mestura tecnoloxías dixitais e físicas para o deseño creativo, a construción e a personalización de obxectos e artefactos cun obxectivo lúdico ou utilitario.
Trátase dunha novo paradigma que sitúa a creatividade e o deseño nun plano central. Os xogos que propoñen resolver problemas de forma improvisada preparan aos nenos e nenas para enfrontarse a novos retos de forma creativa, e prepáraos para sentirse cómodos nunha sociedade que cambia de forma constante.