Adxudicada a repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal por 53.240 euros
Entorno do CEIP Carballal

Adxudicada a repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal por 53.240 euros

A empresa encargada de realizar os traballos será Construcciones y Viales del Salnés e terá un mes de prazo de execución, unha vez se inicien os traballos.

O 65% do importe financiarase a través da Deputación de Pontevedra, a través de dúas baixas do Plan Concellos 2022 e do Plan ReacPon, sendo o resto aportado por fondos municipais.

Marín, 08 maio 2024

Máis seguridade viaria e unha aposta firme pola mobilidade. Eses son os eixos sobre os que pivota o proxecto de repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal e que acaba de ser adxudicado por 53.240 euros á empresa COVISA (Construcciones y Viales del Salnés).

Desta contía, o 65% é financiado a través de dúas baixas do Plan Concellos 2022 e do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, sendo o resto aportado polos fondos propios do Concello.

A execución da obra beneficiará ao vial perimetral do centro educativo, actuando sobre 3.200 metros cuadrados de superficie. Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, “trátase dunha actuación moi importante, pois é o itinerario obligado de acceso ao centro escolar. Suporá unha mellora significativa en canto á seguridade viaria e á ordenación do tráfico rodado e peonil, cunha nova distribución dos espazos da vía”.

Actualmente, o estado do vial é desordenado, cun pavimento na calzada en mal estado, un tipo de estacionamento de vehículos desorganizado e cun itinerario peonil escasamente sinalizado.

Así, rehabilitarase o pavimento do firme da vía, implementarase itinerarios peonís seguros, colocaranse reductores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúa ao calmado de tráfico no entorno do centro e renovarase a sinalización horizontal e vertical. Ademais, realizarase unha limpeza e desbroce das marxes e das cunetas.

Anterior Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa xestión

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados