Adxudicada a renovación do pavimento dos viarios da Barriada Virxe do Carme
Adxudicada a renovación do pavimento dos viarios da Barriada Virxe do Carme

Adxudicada a renovación do pavimento dos viarios da Barriada Virxe do Carme

Os traballos serán levados a cabo pola empresa Caldevergazo. Suporá unha inversión de cerca de 173.000 euros, que se financiarán con cargo ao Plan +Provincia da Deputación.

Marín, 01 agosto 2024

O Concello de Marín informou esta mañá de que xa está adxudicado o proxecto de renovación da pavimentadción dos viarios de titularidade municipal da Urbanización Virxe do Carme, unha actuación que contempla a mellora de todo este firme, que se atopa moi deteriorado e que, polo tanto, mellorará a circulación tanto de vehículos como do tránsito peonil.

Será a empresa Caldevergazo a que se encargue de executar os traballos, despois de ser avaliada por parte da Mesa de Contratación como a que presentou a oferta máis vantaxosa. Os viarios nos que se actuarán son os paralelos á Rúa Jaime Janer e á Rúa Francisco Landín Pazos, ocupando unha superficie total de 8.294 m2. En todo momento, manterase a estructura actual das vias e respectaranse todas as prazas de estacionamento existentes.

Dada a renovación do pavimento das calzadas nos viarios municipais do interior da Urbanización Virxe do Carme resulta necesaria a reposición da sinalización horizontal.

A nova sinalización coincidirá coa existente na actualidade, mantendo os mesmos sentidos de tráfico, as mesmas zonas de estacionamento, pasos de peóns, etc…

A inversión que se realizará nesta actuación será de case 173.000 euros, que se financiarán con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Anterior A alcaldesa recibe aos sete nenos e nenas saharahuis que pasarán o seu verán na comarca do Morrazo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados