Adxudicada a obra para a instalación do novo colector entre Pastoriza e Picotes

Adxudicada a obra para a instalación do novo colector entre Pastoriza e Picotes

A obra de creación dun novo colector entre Pastoriza e Picotes xa está adxudicada á empresa EC Casas. O concelleiro de Medio Rural Pablo Novas explicou que a adxudicación aprobouse onte Xunta de Goberno local.

Esta obra, que suporá unha inxección económica de cerca de 159.000 euros por parte do Concello con cargo ao Remanente de Tesourería, supón un importante proxecto para a mellora do saneamento do rural, xa que permitirá poñer fin aos problemas que desde hai anos dá o mal funcionamento da depuradora de Pastoriza.

A posta en marcha deste proxecto tivo o seu inicio nunha reunión coa veciñanza, coa que se consensuou clausurar a depuradora actual pola súa ineficacia (confirmada de xeito recurrente por informes técnicos) e proxectar unha nova canalización, “que permita prestar este servizo con calidade para os veciños e veciñas de Ardán”, explica Novas.

Tal e como comentou o concelleiro de Rural, “con este proxecto afianzamos o noso compromiso co saneamento e, en xeral, a prestación de servizos públicos municipais no rural, tratando de melloralos e prestalos coa maior calidade posible”.

 

Anterior O Concello anima á veciñanza a “desestacionalizar” o consumo no Vial de Praias

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados