2 de decembro de 2020
A Xunta de Galicia vén de anunciar cambios nas restricións sanitarias que entrarán en vigor na medianoite do xoves ao venres que afectan ao noso concello.
Marín atópase no nivel actual de máximas restricións, de tal xeito que as medidas quedan da seguinte maneira:
Peche perimetral
Rómpese o actual peche e a partir do venres quedarán pechados perimetralmente Marín, Poio e Pontevedra. Só entre estos municipios teremos libre mobilidade.
Só se poderá sair destes tres concellos en caso de cumprir con alguna das excepcións recollidas na lei.
Reunións
Permitiranse as reunións de máximo catro persoas non convivintes.
Hostalaría
Os locais poderán abrir só as terrazas, cun 50% de aforo máximo, ata as 17.00 horas e cun máximo 4 persoas por mesa, convivintes ou non.
Comercios
Non se dan cambios neste eido. Seguen abertos cun máximo do 50% de aforo.
Incidencia acumulada actual
A incidencia acumulada da pandemia mide o número de casos activos por cada 100.000 habitantes e dispoñemos do dato a 7 e a 14 días.
Segundo indicou Sanidade na reunión mantida coa alcaldesa, María Ramallo, e co resto de representantes dos concellos da área, a evolución a 7 días “é bastante boa”, pero segue sendo alta.
A día de hoxe, Marín ten 77 casos activos. A incidencia acumulada a 7 días é de 94 casos, namentres que a 14 días é de 230.
Estas medidas poderían ir flexibilizándose segundo mellore a incidencia acumulada do noso concello.