Estes días aproveitando o bo tempo o persoal do servizo de limpeza está a levar a cabo actuacións de limpeza e chorreo en tramos de beirarrúas e zonas de barriadas para conseguir mellorar o aspecto, a limpeza das baldosas.
Para iso cada mañá realizan nalgúns tramos a limpeza con auga a presión, xa que é a mellor maneira de manter unha posta a punto e mellora das contornas máis urbanas e das beirarrúas tratando de mostrar un aspecto máis limpo, máis saneado, tratando de acometer por fases distintas zonas e distintas rúas.