Esta mañán realizáronse os primeiros actos con motivo do 27 de novembro día Internacional contra a violencia de xénero.
As asociacións contribuíron ó reparto dun agasallo que pretende recordar esta loita contra a violencia e a concienciación cidadá neste gran drama social.
O próximo merceres ás 12.00 h terán lugar no salón de plenos do Concello o outorgamento dos Premios Lazos Violeta que este ano irá destinado ás asociacións con vogalía de muller e unha mención especial a Teresa Blanco recentemente fallecida membro destacado do sindicato UGT e nestos últimos anos do Consello de Administración do Porto de Marin.
Por unanimidade acordouse outorgar os premios Lazo Violeta de este ano ás Asociacións de Mulleres Municipais; “Asociación de Amas de Casa”, “Asociación de Mulleres O Abeiro”, “Asociación de Mulleres Marroquís Al Amal”, “Asociación de Mulleres Virxe do Porto”, “Asociación de Mulleres, intercambio do saber” e haberá unha distinción especial que se vai personalizar de forma particular.